Uxía presenta Rosalía pequeniña

O libro disco editado por Galaxia recolle textos da poeta para os máis pequenos

Capa de <i>Rosalía pequeniña</i>
Capa de Rosalía pequeniña
A Editorial Galaxia presentaba esta mañá Rosalía pequeniña, un libro disco que mestura poemas de Rosalía de Castro, ilustracións de Marina Seoane e mais a voz de Uxía. O proxecto, editado na colección Sonárbore, está dirixido aos máis pequenos da casa e presenta unha Rosalía meniña que busca dialogar directamente cos ouvintes. No disco atópanse colaboracións como as de Sés, Isaac Palacín, Habelas Hainas ou Magín Blanco, e con Sergio Tannus a cargo da gravación e da dirección musical. O volume conta cun total de 28 páxinas e sae á venda por 20 euros.